Saltar al contenido

Todo preparado para a celebración do 10º aniversario o vindeiro sábado 24

abril 18, 2010

A revista de historia do Porriño Malladoura, editada polo Seminario de Estudos Porriñés “Alfredo Bautista Alconero”, cumpre 10 anos de vida. Para celebralo, o colectivo cultural organiza o vindeiro sábado 24 de abril unha gala no Círculo Recreativo Cultural do Porriño ás 20:45h. da tarde. Un evento que, segundo din os seus organizadores, estará ateigado de “emocións e sorpresas”.

Ademais, como non podería ser doutro xeito, presentarase alí mesmo un libro especial con textos históricos e decenas de imaxes antigas. Malladoura conta para a celebración do seu décimo aniversario e a edición do libro especial coa colaboración económica do Concello do Porriño, a Asociación de Empresarios de As Gándaras, os empresarios do Polígono A Granxa, Caixanova e a Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR).

A gala do 24 de abril

Durante o evento do vindeiro 24 de abril repasarase a década de vida da revista, proxectaranse curiosos audiovisuais e entregaranse dous premios- realizados polo artesán porriñés Paco Candán- que se desevelarán tan só durante a celebración do evento. Pola mañá do mesmo día da gala, o colectivo Xerpo Cultural animará as rúas da vila anunciando a saída de Malladoura e o acto da noite. Segundo apuntan dende o colectivo cultural, o acto estará ateigado de emocións e sorpresas e servirá para “atoparse con todos os lectores e colaboradores que amosaron o seu cariño ao proxecto”.  A gala será coordinada e conducida pola xornalista de Radiovigo María Díaz.

O libro especial “Malladoura. 10 anos entre nós”

Co gallo da celebración desta primeira década de vida, o Seminario de Estudios decidiu editar un libro especial de máis de 70 páxinas titulado “Malladoura.10 anos entre nós” e que será presentado durante o acto do día 24. Neste libro combínanse os xa característicos textos de recuperación histórica con outros nos que diferentes sinaturas do eido cultural e social do Porriño felicitan á revista e reflexionan sobre a importancia que tivo a súa aparición hai dez anos.

Xosé Ramón Paz Antón, José Ramón Iglesias Veiga, David Pérez Rego “Cato”, Xulio Martínez Sigüenza e os membros do equipo de redacción Rebeca Leboso, Ángel Carnicero Carrera, Iván Vaqueiro e Diego Giráldez, ocúpanse dos textos de recuperación histórica xa característicos de Malladoura. Por outra banda, os textos de felicitacións que completan o volumen están asinados por: Nelson Santos Argibay, os representantes de todos os partidos políticos do municipio, Alfonso Pato, Marga do Val, Judas Diz, Icía Alcalde, Cuquín, David Rollano, Rogelio Groba, Mª José Giráldez (presidenta do CRC), Luis Areal, Asociación Cultural Arela, Xerpo Cultural, Alfonso Moreira, Fátima Rodríguez, Albino Alonso, Cármen Fernández Carrera e José Luis Maceira.

Ademais, entre os textos os lectores poderán disfrutar das ilustracións de Antonio Fernández Valverde, Juancho Castaño e Paco Quintas “Etsueña”. O deseño da portada do libro correu a cargo de Magenta.

Para o director de Malladoura, Diego Giráldez, “tanto o acto do sábado 24 como a edición do libro especial do décimo aniversario hai que entendelos como un sincero agasallo para todos os membros do equipo redactor da revista, aos que están e aos que estiveron, e, por suposto tamén, para os colaboradores e os lectores por arrouparnos coa súa fidelidade e confianza”. “Sen dúbida, foron eles os que mantiveron vivo este proxecto durante unha década e os que fixeron que sexa querido e respectado”, rematou Giráldez.

Advertisement
Sin comentarios aún

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.